Elogia Media

Axencia de medios interactivos, publicidade online e Internet

Elogia Media - Axencia de medios interactivos, publicidade online e Internet

Comunicación en medios interactivos. Planificación, compra e medición de campañas de publicidade.

Español
Galego

Rede GaliciaBanner

A rede GaliciaBanner, produto orixe da empresa, consiste nunha rede exclusivista de soportes de Internet galegos. A rede GaliciaBanner xestiona a publicidade de máis de 20 websites galegos, entre os que se atopan as principais cabeceiras galegas así como os soportes independentes de maior cobertura en Galicia.

Unha rede de soportes que alcanza unha cobertura mensual de máis dun millón de usuarios únicos e xera cifras próximas aos 20 millóns de impactos cada mes.

A rede GaliciaBanner opera dende o ano 2000 como proxecto da consultora REDINC e a partir do 2001 como liña de negocio da Axencia de medios interactivos. Dende entón non parou de medrar tanto en cobertura como en anunciantes.

Tecnoloxía

En GaliciaBanner dispomos da tecnoloxía Adserver DFP (Dart For Publishers) de Doubleclick Enlace externo o que nos permite implementar todo tipo de campañas e facelo en calquera formato: dende formatos integrados («banner», «superbanner», robapáxinas, «sky-scrapper», etc) a formatos superpostos («layer», «interstitial», etc) e combinalo con tódalas posibilidades do «rich media» con DART Motif.

A sofisticada tecnoloxía de Doubleclick permítenos altos niveis de segmentación como frecuencia de exposición, localización xeográfica, tipo de conexión, sistema operativo, etc.

Esta tecnoloxía permitiranos realizar un seguimento totalmente fiable en tempo real da campaña. Tendo datos de impactos, cobertura (usarios únicos), clicks, ata métricas de «post click» ou de «post view», é dicir, cantos rexistros obtivemos ou cantas vendas. Isto permítenos optimizar ao máximo a campaña mentres está a executarse.

Grupo Elogia

xHTMLThis Page Is Valid XHTML 1.0 Transitional CSSThis Page Is Valid CSS js-non-obstrutivo CC us508Passed Automated Verification

Nota legal: GaliciaBanner, SL con domicilio social en Luis Taboada 15 5º 36201 Vigo Pontevedra, con CIF B36891778, inscrita no RM de Pontevedra 04/10/2001, Libro 2636 Folio 37, Sección 8 Folla PO-28590